Saltando a tecnoloxía das redes sociais. #DIM2020

Compartir

|
Confinamento,
DIM
Museo MUETRI

Unha proposta acaída ao tema deste ano 2020 no Día Internacional dos Museos #DIM2020 «Museos pola igualdade: diversidade e inclusión» a presentación en audiovisual da liña de traballo que o Museo Etnolóxico veu desenvolvendo dende o inicio do confinamento de 2020, motivado pola Covid_19, con centros da terceira idade, buscando superar a fenda dixital, mediante a inclusión de persoas na marxe das novas redes soiciais na actividade do Museo co envío de postais e xornais dixitais, transformados en analóxico grazas á colaboración das traballadoras/res das Residencias de Maiores.

 

Esta liña de traballo de integrar colectivos diversos e abrir o Museo a grupos con máis dificultades de acceso ao patrimonio, co obxectivo de revitalizar a súa función social vén xa de 2005 co programa "Museo Aberto".
 

Confinamento 2020:

Enviando postais e xornais desde o Museo Etnolóxico: un novo e antiguo xeito de comunicar.

O confinamento e reclusión pola pandemia da Covid-19, afectou a toda a población, porén desdo o inicio vimos que uns dos grupos máis vulnerable era o da xente maior; debían estar máis protexidas e ailladas tamén da súa familia e inclusive dentro da propia Residencia, co que isto conleva para a saúde emocional e o deterioro cognitivo.
Desde o Museo Etnolóxico pensamos que podíamos achegar o noso gran de área para contribuír a que o confinamento fose máis aturable. Somos conscientes de que a maior parte da poboación que se atopa recluída nos Centros de Maiores da nosa contorna tiveron nalgún momento da súa infancia e xuventude relación con moitas das pezas que o noso centro custodia, pero tiñamos que evitar a contaminación que chegara do exterior.
Que fixemos?
Transformamos a información dixital contida en postais e xornais creados desde o confinamento do perosal do Museo Etnolóxico en analóxicas, coa colaboración do persoal das Residencias de Maiores participantes, que imprimiron as postais e xornais, para evitar a contaminación do exterior.
Cal era o obxectivo?
Crear postais personalizadas coa imaxe de obxectos de fondos custodiados no Museo Etnolóxico e achegarlle a cada persoa que se atopa nunha Residencia de Maiores unha parte do seu patrimonio e establecer unha comunicación emocional dende o exterior e suscitando ao mesmo tempo a lembranza e a reminiscencia.
Como foi o proceso?
O persoal do Museo, teletraballando, recolleu imaxes e información das súas bases de datos dixitalizadas e recreounas en forma de postais dixitais dirixidas directamente a unha persoa, coa imaxe dun obexecto e cun selo pertencente aos fondos do Museo, acompañado dun texto con información. Os obxectos e a información foron seleccionados adaptándose as características da xente que ía recibir as postais, previo contacto co persoal das Residencias que nos facilitaron datos dos residentes. O mesmo proceso se fixo coa creación do xornal dixital.
O persoal das Residencias de Maiores participantes: Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos (Ribadavia) e o Centro de Día/Vivenda Comunitaria de Vilar de Santos transformaron as postais dixitais enviadas por correo electrónico en postas analóxicas en papel que foron entregadas de forma individual a cada residente. A colaboración do persoal dass Residencias foi fundamental para esta transformación pois había que coidar moito todo o que chegaba do exterior para non provocar contaminacións innecesarias.
Agradecer á Residencia Xeriátrica Quercus de Leiro que se sume a participar neste proxecto.

Moitas a grazas a VisualQ pola produción do vídeo.