Noticias

29 de Marzo do 2023

Xa está dispoñible o video que recolle a actividade "Ti a levas". 

2 de Marzo do 2023

Unha senda peonil e ciclista unirá o Frono de Cal e as Salinas de Ulló

9 de Febrero do 2023

Dende o pasado 4 de febreiro, tras o proceso de reintegración e posta en valor, o Forno de Cal de Santo Adrán de Cobres volta ser visitable.

1 de Febrero do 2023

O pasado 27 de xaneiro celebramos o Día Internacional da Conservación e Restauración! As restauradoras do Museo Etnolóxico desenvolven un papel indispensable no día a día do museo sendo as principais responsables da conservación e mantemento en condicións óptimas das pezas da colección.

19 de Enero do 2023

O Museo Etnolóxico de Ribadavia pon en marcha este ano un novo proxecto expositivo que pretende amosar periodicamente as novas pezas que chegan ao almacén do museo.

27 de Diciembre do 2022

Hoxe achegáronse ao museo parte dos residentes da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora Dos Anxos.

22 de Diciembre do 2022

Velaquí unhas imaxes do que foi a última conexión co Museo de Artes Decorativas en Kiev

19 de Diciembre do 2022

Este luns contamos coa colaboración do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo para realizar o obradoiro: xogamos no etnolóxico?.

16 de Diciembre do 2022

O pasado mércores o persoal do Museo Etnolóxico puido asistir á presentación dos traballos que o alumnado de primeiro das asignaturas de antropoloxía e psicoloxía, vinculadas ao Grao en Traballo Social impartido no campus de Ourense da Universidade de Vigo, fixeron na Facultade de Educación e Traballo Social.

17 de Noviembre do 2022

Co gallo do Día dos Museos, o 18 de maio de 2022 o ICOM escolleu o lema O poder dos museos para festexalo. Querendo unirse á celebración, e entendendo que un dos poderes dos museos é o de conectar persoas e culturas, o Museo Etnolóxico de Ribadavia decidiu contactar co Museo Nacional de Artes Decorativas Populares de Kiev (Ucrania).

Dende o primeiro correo, no que se invitaba ao equipo ucraíno a quedar co Museo Etnolóxico de Ribadavia no espazo común que xera Internet, comezou a desenvolverse unha relación na que aprender doutra cultura e reflexionar sobre a propia.