Cine de outono. Miradas Etnográficas 8

Compartir

|
Cinema
Miradas etnográficas

Este 2020, ano da pandemia Covid_19, a oitava edición do ciclo de cine do outono: Miradas Etnográficas será no Centro Social da Igrexa da Madalena, cunha escolla especial de filmes para celebrar o 50 aniversario do Cineclube Padre Feijoo de Ourense, que colabora neste ciclo desde o seu inicio na selección e proxección dos filmes. 

As sesións son de balde ata completar á capacidade da sala.

Moitas grazas ao Concello de Ribadavia pola cesión da sala da Igrexa da Madalena para a proxección dos filmes.

 

Sábado12decembro 19.00 h  

 ESTRUTURAS.PELCONTRAPEL 

Director Paco Gallego e Xosé Bocixa | España, 2015 | 86’ | VOG/VOE

O documental amosa un conxunto de actuacións deresponsabilidadecolectiva que repercuten no urbanismo e na paisaxe: a explotación forestal, os tendidos eléctricos de proporcións desmedidas,a actuaciónhumana anteo crecementopobacional, oabandono do patrimonio, as obras inacabadas, a especulación, etc.

 

Domingo13decembro 19.00 h

 O  BOSQUE  ANIMADO

Director José Luis Cuerda |España, 1987 | 103 | VOSE

Nun bosque fantástico dunha aldea galega do rural "naqueles anos nos que unha galiña custabadúas pesetase obosque deCecebre eramáis extensoe máisfrondoso" transcorrea vida,onde unbandido intentaasaltar algo,un poceiro coxo,  unha ánima  en pena,  unha muller farta da explotación laboral á que a súa tía somete e que decide buscarse a vida pola cidade, un meniño rebuldeiro cunha irmá tamén cativa que traballa máis que dorme, unhas solteironasda capitalque foroná aldea para se relaxar, o cura, o garda civil e o señor do pazo chamado, o“D'Abondo”. 

  

Sábado 26 decembro 19.00 h 

O APÓSTOLO

Director Fernando Cortizo | España | 72 | VOG

Un preso foxe do cárcere para tentar atopar un  tesouro  agochado vai anos  nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.

 

Domingo 27 decembro 19.00 h

O QUE ARDE

Director Oliver Laxe | España, 2019 | 85 | VOG

A historia desenvólvese nos Ancares lucenses e conta a historia de Amador Coro (interpretado por Amador Arias), un veciño pirómano que sae do cárcere e regresa á súa casa, coa súa nai Benedicta (intepretada por Benedicta Sánchez), a súa cadela Luna e as súas vacas. As súas vidas transcorren con normalidade no medio da natureza da súa aldea até que un día un lume arrasa a rexión.

 

Folleto do ciclo 

Descarga AQUÍ

Consulta AQUÍ