A participación do Museo nestas xornadas é por partida dobre:
-por un lado o día 1 de outubro ás 17.30 a equipa técnica do Museo Etnolóxico formada por: Pilar Iglesias, Rosa Lamas e Xosé Carlos Sierra xunto coa profesora da Universidade de Vigo Fátima Braña falarán do programa Lembrar no museo incluido no proxecto Museo Aberto, e máis concretamente da exposición: Lembrar no museo 2005-2011 resultado do traballo con persoas afectadas coa enfermidade de alzheimer, que estivo até hai pouco exposta nas salas do Museo
-por outro lado na pranta baixa do Edificio de Ferro do Campus de Ourense estarán expostos, durante oito días desde o día 1 de outubro, os paneis que forman parte da exposición: Lembrar no museo 2005-2011, nos que se pode ver a través de imaxes e de reflexións o proceso de traballo durante varias edicións, e sempre en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Ourense (AFAOR), da utilización do patrimonio cultural con persoas afectadas polo alzheimer acompañadas das persoas que as coidan.
| Foto da exposición: Lembrar no museo 2005-2011 nas salas do Museo Etnolóxico |
| Foto da exposición Lembrar no Museo no Campus de Ourense. Universidade de Vigo |

