Sacoponchos de entroido

Compartir

Del
4 de Abril do 2022
al
8 de Abril do 2022
|
Noticias

Educar no respecto o medio ambiente, e facilitar o seu coñecemento, é sen unha das principais funcións dos museos na actualidade. O Museo Etnolóxico, aproveitando a celebración de Entroido quixo dar a coñecer un dos réptiles máis ameazado da fauna galega: un sapoconcho (tartaruga). Coñecido comunmente como galápago europeo e cientificamente como Emys orbicularis, este animal habita o río que atravesa a vila de Ribadavia ( río Avia ) e o seu veciño, o río Arnioa.

Pablo Rodríguez Oitabén, un dos fundadores da Asociación Cultural de Ridimoas, foi o encargado de despertar as conciencias ao informar que dez especies de animais desapareceran da Lagoa en tan só dez anos con respecto a catalogación feita por el en 1993. Tamén explicou que un dos principais riscos da desaparición dos galápagos europeos son os sapoconchos californianos, unha especie que moitos xente ten como mascota e que o seren liberados no río convértense en especie invasora e prexudicial para o hábitat do Avia. Este tipo de cuestións foron as que lles transmitiu Cesar Ayres, o herpetólogogo encargado de dar a charla, os cativos no CEIP Plurilingüe de Ribadavia antes de iniciar os talleres de Entroido. Labor que foi levada a cabo por Rocío Estevez, quen se ocupou de que os traxes de sapoconchos europeos reproducíranse cas típicas manchiñas amarelas características desta especie.

Como complemento á actividade e asesorados pola Asociación Ridimoas, realizáronse unhas reproducións doutros animais veciños deste sapoconchos co fin de que os nenos e nenas coñecesen a fauna que lles rodea.

Durante case un mes os escolares, aprenderon os nomes dos animais que viven ou vivían na Lagoa de S. Cristovo e outras moitas cousas. Grazas a inestimable colaboración de Sara e Manolo; os seus profesores, compuxeron cancións e poemas e incluso idearon unha coreografía ca que deleitaron a familiares e público tras o desfile de Entroido do CEIP polas rúas da vila. A actividade rematou no Museo Etnolóxico onde os rapaces e rapazas ,convertidos nos Sapoconchos de S. Cristovo, demostraron todo o aprendido.

Aquí vos deixamos o acceso ao vídeo: https://youtu.be/ZU0gzZqQ4Do