As tres erres (reduce, reutiliza e recicla)

Compartir

Del
1 de Agosto do 2022
al
5 de Agosto do 2022
-
10:00h
|
Cursos
Cartel

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades ven de poñer en marcha, en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o programa Bibliotecas, Arquivos e Museos Corresponsables financiado polo Ministerio de Igualdad do Goberno de España para favorecer a conciliación das familias con nenas, nenos, mozas e mozos de hasta 16 anos de idade, dende un enfoque de igualdade entre mulleres e homes.

Con este fin, o Museo Etnolóxico de Ribadavia anuncia a programación dun campamento cultural de conciliación gratuito, titulado As tres erres (reduce, reutiliza e recicla).

Poderán participar no campamento de conciliación as nenas e nenos que cumpran co requisito de idade sinalado de calquera unidade familiar con necesidades en materia de coidados infantís, con prioridade a familias monoparentais, vítimas de viloencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración ou mulleres maiores de 45 anos.

Prazo de Inscrición: do 18 ao 29 de xullo.

Destinado a nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Quendas:

  • 1 ao 5 de agosto. De luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.
  • 8 ao 12 de agosto. De luns a venres de 10:00 a 13:00 horas.

Teléfono de contacto: 988 788 720.

mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.es.