Ben[s]vidos, o novo proxecto expositivo do Museo Etnolóxico de Ribadavia

Compartir
19 de Enero do 2023
Ben(s)vidos

O Museo Etnolóxico de Ribadavia pon en marcha este ano un novo proxecto expositivo que pretende amosar periodicamente as novas pezas que chegan ao almacén do museo. Unha das partes máis importantes do museo é tamén unha das máis descoñecidas: os almacéns. Neles consérvase a colección do Museo Etnolóxico, unha colección en continuo crecemento.

Ben[s]vidos iníciase coa exposición do proxecto editorial Visita Galicia, realizado en 1929 polo fotógrafo Luis Casado, máis coñecido como Ksado. A través da exposición de dúas pranchas de estampas pódese coñecer a riqueza do patrimonio artístico e natural galego, ademais da vida costumista e unha serie de retratos que, en conxunto, conforman o primeiro arquivo fotográfico que contén unha visión xeral de Galicia.

A exposición complétase cun vídeo que nos achegará á vida de Ksado, así como ao uso que se lle deron a estas estampas na súa época, un uso que poderedes descubrir ao visitar o museo.