A bordo da guitarra

Compartir

Concerto de Darío Moreira

27 de Abril do 2023
-
8 da tarde
|
Música

 

Xoves, 27 de abril

ás 8 da tarde

no Museo Etnolóxico. Ribadavia

Entrada libre e de balde ata completar capacidade

As orixes multiculturais de Darío Moreira reflicten unha ampla variedade de influencias nas súas composicións. Naceu en Bos Aires, no seo dunha familia de emigrantes ítalo-arxentinos e luso-galaicos, que en 1964 retorna a Galicia. O seu estudo profunda sobre as músicas do mundo, aplicando técnicas de guitarra innovadoras nas súas composicións e desenvolvendo a capacidade de improvisación, a partir dunha linguaxe chea de recursos rítmicos, melódicos, harmónicos e tímbricos.

Podedes botar unha ollada ao programa, nas imaxes