Día Internacional dos Museos. Conexión con Ucrania

Compartir
22 de Mayo do 2023
Ucrania

O pasado xoves voltamos a contactar coas colegas do Національний музей українського народного декоративного мистецтва en Kiev!!

Facía un ano da nosa primeira conexión, e así festexamos de novo o Día Internacional dos Museos.

Nesta ocasión presentáronnos a exposición sobre camisas bordas, que inauguraron con motivo do seu Día Nacional adicado a este elemento patrimonial.

A exposición presenta camisas bordadas ucraínas de finais do século XIX e principios do XX de varias rexións de Ucrania, así como bocetos de ropa tradicional do artista Oleksandr Milovzorov. Durante o percorrido puidemos desfrutar dos bordados e do corte e confección das pezas.

Posteriormente, o equipo ucraíno pudo achegarse ao patrimonio vitivinícola galego, coñecendo as particularidades dos viños, o Museo do Viño de Galicia, a historia e as paisaxes.