Miradas etnográficas 2023: Quen somos e de onde vimos?

Compartir

Del
18 de Noviembre do 2023
al
26 de Noviembre do 2023
-
7 da tarde
|
Museo Etnolóxico
|
Cinema

 

📅18 de novembro, sábado

📅19 de novembro, domingo

📅25 de novembro, sábado

📅26 de novembro, domingo

🕗 7 da tarde

📍Museo Etnolóxico. Ribadavia

Entrada de balde ata completar capacidade

 

Nalgún apartado recuncho do universo, espallado de innumerables e escintilantes sistemas solares, houbo unha vez un astro no que animais astutos inventaron o coñecer. Foi o minuto máis soberbio e máis falaz da historia universal, pero, a final de contas, só un minuto.

Tras un par de respiracións da natureza, o astro entumeceuse e os animais astutos tiveron que perecer. Alguén podería inventar unha fábula como esta e, con todo, non ilustraría suficientemente, como de lamentábel, escuro, estéril e arbitrario é o aspecto que ten o intelecto humano dentro da natureza; houbo eternidades nas que non existiu, cando de novo acábese todo para el, non sucedería nada. Porque non hai para ese intelecto ningunha misión ulterior que conduza máis alí da vida humana.

Neste tempo de retos e grandes encrucilladas, onde a intelixencia artificial semella tocar o ceo e as estrelas e tal vez abra paso a unha nova humanidade, debería ser oportuno resolver antes do dilema de cara a onde imos, o intempestivo saber “Quen somos e de onde vimos?”.

Entre a néboa do outono percorreremos na memoria do cotián catro camiños para escintilar a arbitrariedade do saber quenes somos e de onde vimos.

 

Programa

  • 18 de novembro, sábado, ás 7 da tarde: Matria de Álvaro Gago

👀SINOPSE Ramona de 40 anos, vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario. Fai malabarismos con múltiples traballos para manterse á boia e proporcionar un futuro mellor á súa filla. Pero decátase que ela está preparada para tomar o seu propio camiño.

  • 19 de novembro, domingo, ás 7 da tarde: Hostal España de Chus Dominguez e Inma Álvarez

👀SINOPSE Todas as habitacións do Hostal España están ocupadas por persoas maiores. Nas súas estancias, as estacións sucédense sen pausa para unha comunidade que foi convidada a gravar a súa cotidianidade mostrando outra posible forma de vida, na chamada terceira idade.

  • 25 de novembro, sábado, ás 7 da tarde: Boi Neon de Gabriel Mascaro

👀SINOPSE: Iremar traballa nas Vaquejadas, o tradicional rodeo do noreste de Brasil. A súa casa é un camión no que transporta os animais e que comparte cos seus compañeiros.

  • 26 de novembro, domingo, ás 7 da tarde: Curtametraxes de Sara Traba (As vacas de Wisconsin + A Festa do Emigrante)

👀SINOPSE: As vicisitudes dunha avoa para que a súa vaca dea leite en a Freguesía do Extremo, a convivencia dos habitantes do Nevoeiro.