O fogar das musas. IES Celanova

Compartir
27 de Marzo do 2024

O pasado mes o equipo do Museo Etnolóxico acompañou, en varias sesións, ás docentes vinculadas ao proxecto “O fogar das musas” na súa formación para a xestión dunha colección museográfica. Guióuselles en temas relacionados co inventariado, catalogación, documentación e restauración, información que pode ser de utilidade na súa nova andaina. Esta idea que naceu da Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, busca protexer o patrimonio vinculado ao centro, así como á educación en xeral. Un proxecto colaborativo, cunha implicación abraiante, que busca tanto protexer como dar a coñecer o patrimonio, mobilizando á vez o alumnado.