Noticias

17 de Noviembre do 2022

Co gallo do Día dos Museos, o 18 de maio de 2022 o ICOM escolleu o lema O poder dos museos para festexalo. Querendo unirse á celebración, e entendendo que un dos poderes dos museos é o de conectar persoas e culturas, o Museo Etnolóxico de Ribadavia decidiu contactar co Museo Nacional de Artes Decorativas Populares de Kiev (Ucrania).

Dende o primeiro correo, no que se invitaba ao equipo ucraíno a quedar co Museo Etnolóxico de Ribadavia no espazo común que xera Internet, comezou a desenvolverse unha relación na que aprender doutra cultura e reflexionar sobre a propia.

16 de Noviembre do 2022

Feliz día do Patrimonio Mundial
Recoñeces este obxecto? Saberías utilizalo?

2 de Noviembre do 2022

Hoxe  OMIX Ribadavia organizou un Escape Room sobre as culturas europeas en colaboración co CEIP Plurilingüe de Ribadavia no Museo Etnolóxico

26 de Octubre do 2022

Baixo o título de "EPI e ferramentas da man das bombeiras e bombeiros forestais", o Museo Etnolóxico de Ribadavia, que forma parte da rede museística da Xunta de Galicia, acolle ata finais de xaneiro unha mostra sobre utensilios e aparatos empregados na loita contra os incendios.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que participou o 21 de outubro na inauguración, destacou que este proxecto expositivo contribúe “a entender, reforzar e enaltecer, aínda máis, o enorme labor que desenvolven os bombeiros forestais” na loita contra a lacra dos incendios.

24 de Octubre do 2022

A pasada semana recibimos ao alumnado do Ciclo superior de integración social do CIFP Portovello. A colaboración permitirá conseguir un museo máis inclusivo, un museo para todas e todos.

24 de Octubre do 2022

Este ano o #DíadasBibliotecas está centrado na diversidade de coidados que se fan nas distintas bibliotecas. #BiblioTecuida

19 de Octubre do 2022

Hoxe o museo sae para asistir a conferencia "Feminismo e representación socioculturais: antropoloxía e museografías feministas". Unha oportunidade para aprender, compatrir e reflexionar ofrecida polo Campus de Ourense da Universidade de Vigo .

14 de Octubre do 2022

A pasada semana tivemos a primeira das visitas do alumnado do Grado de Traballo Social do Campus de Ourense da Universidade Vigo. Da comezo así unha colaboración moi emocionante que busca promover unha reflexión feminista e mellorar a accesibilidade do museo.

4 de Octubre do 2022

O martes baixo o nome de "Museos Sociais" celebrarase a xornada técnica de museos organizada por Dirección Xeral de Cultura da Cultura de Galicia no

14 de Julio do 2022

IES Fernando Esquio achegáronse a Ribadavia e visitaron as "tripas" do museo