Novas

22 de Decembro do 2022

Velaquí unhas imaxes do que foi a última conexión co Museo de Artes Decorativas en Kiev

19 de Decembro do 2022

Este luns contamos coa colaboración do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo para realizar o obradoiro: xogamos no etnolóxico?.

16 de Decembro do 2022

O pasado mércores o persoal do Museo Etnolóxico puido asistir á presentación dos traballos que o alumnado de primeiro das asignaturas de antropoloxía e psicoloxía, vinculadas ao Grao en Traballo Social impartido no campus de Ourense da Universidade de Vigo, fixeron na Facultade de Educación e Traballo Social.

17 de Novembro do 2022

Co gallo do Día dos Museos, o 18 de maio de 2022 o ICOM escolleu o lema O poder dos museos para festexalo. Querendo unirse á celebración, e entendendo que un dos poderes dos museos é o de conectar persoas e culturas, o Museo Etnolóxico de Ribadavia decidiu contactar co Museo Nacional de Artes Decorativas Populares de Kiev (Ucrania).

16 de Novembro do 2022

Feliz día do Patrimonio Mundial
Recoñeces este obxecto? Saberías utilizalo?

2 de Novembro do 2022

Hoxe  OMIX Ribadavia organizou un Escape Room sobre as culturas europeas en colaboración co CEIP Plurilingüe de Ribadavia no Museo Etnolóxico

26 de Outubro do 2022

Baixo o título de "EPI e ferramentas da man das bombeiras e bombeiros forestais", o Museo Etnolóxico de Ribadavia, que forma parte da rede museística da Xunta de Galicia, acolle ata finais de xaneiro unha mostra sobre utensilios e aparatos empregados na loita contra os incendios.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, que participou o 21 de outubro na inauguración, destacou que este proxecto expositivo contribúe “a entender, reforzar e enaltecer, aínda máis, o enorme labor que desenvolven os bombeiros forestais” na loita contra a lacra dos incendios.

24 de Outubro do 2022

Este ano o #DíadasBibliotecas está centrado na diversidade de coidados que se fan nas distintas bibliotecas. #BiblioTecuida

24 de Outubro do 2022

A pasada semana recibimos ao alumnado do Ciclo superior de integración social do CIFP Portovello. A colaboración permitirá conseguir un museo máis inclusivo, un museo para todas e todos.

19 de Outubro do 2022

Hoxe o museo sae para asistir a conferencia "Feminismo e representación socioculturais: antropoloxía e museografías feministas". Unha oportunidade para aprender, compatrir e reflexionar ofrecida polo Campus de Ourense da Universidade de Vigo .