Seminarios / Congresos / Conferencias

As actividades do mes de novembro de 2015 no Museo Etnolóxico xirarán ao redor dunha conferencia sobre a historia social de Galicia no século XIX partindo do estudo dunha familia ribadaviense: os Chao e a presentación dun libro cunha crónica musical dunha das bandas de música máis antigas de Galicia "La Lira".

13 de novembro : 20.30 h.

Conferencia: "A estirpe dos Chao, familia ribadaviense: política, cultura, sociedade e identidade no século XIX galego"

A segunda quincena do mes de setembro as actividades do Museo Etnolóxico moveranse entre historias e memorias: as de Lola Touza "salvadora" de xudeos e as das mulleres da "Sección Femenina", historias que forman parte da memoria de Galicia.

18 de setembro: 20.30 h.

Entre o 9 e o 13 de outubro de 2014 terá lugar en Ourense o V Congreso de Patrimonio etnográfico, II Interncacional organizado por varias institucións e asociacións: Faculdade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense-Universidade de Vigo, Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo , Asociación Ben-Cho-Shey,