Actividades venres 21 de abril

Share

|
Biblioteca,
Conferencias
Actividades
Venres 21 abril de mañá: liberación de libro
Por quinto ano consecutivo a Biblioteca do Museo Etnolóxico participa na liberación conxunta de libros xunto a 59 bibliotecas de museos e centros de arte de toda España, para celebrar o Día Internacional do Libro (23 de abril).
Este ano 2017 a liberación será o venres 21 pola mañá da mañá por calquera lugar público da Comarca do Ribeiro e na cidade de Ourense e alrededores, deixaranse libres dez libros de temática variada: contos infantís, o novo catálogo do Museo sobre tonelería, unha guía de museos de Galicia, unha novela sobre as Touza, un libro sobre vitivinicultura, un catálogo dunha exposición de fotografía... e máis.
 
Pódense consultar todos os títulos, os lugares e as horas de liberación na páxina de bookcrossing do Museo Etnolóxico AQUÍ.

Venres 21 de abril 20.00 h: conversa con Oria Ferreiro Diz

"Minería aurífera en época romana na comarca do Carballiño"
 
Puzo do Lago (Maside)
 Oria Ferrerio é licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola mesma universidade, participou na escavación de diversos xacementos arqueolóxicos tanto en España -Castro de Santa Lucía (Astariz), Abric Pizarro (Áger, Lleida)-, como en Italia (Cuma, Nápoles).
 
A zona do Carballiño é unha das de maior potencial aurífero de Galiza. Non obstante, non existen traballos que aborden o estudo de xacementos como os de Daviña (Boborás), Puzo do Lago (Maside) ou As Grobas (O Irixo) desde unha perspectiva arqueolóxica, a pesares de presentaren sinais de aproveitamento en época romana.