Actividades

Este ano 2014 o Museo Etnolóxico foi convidado para participar nas VI xornadas internacionais de educación social e xerontoloxía co título: Boas prácticas: profesionalización e experiencias xeragóxicas, organizadas polo Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia (CEESG) e a Facultade de Ciencias da Educación
Por terceiro ano consecutivo o cineclubismo galego ofrécenos o ciclo: Marxes Fílmicas, trátase da proxección de filmes que están á marxe das grandes distribuidoras, exihibidoras e por suposto das salas de cinema máis comerciais, no noso caso grazas ao Cineclube Padre Feijoo de Ourense e a Federación de Cineclubes de Galicia podemos contar con este tipo de filmes.
Pequeno recital poetico de Rochi Novoa, autora do libro-disco: "Farrapos de boneca" acompañada de Toño Iglesias e Dani Soldevilla. As letras de tódolos temas son de Rochi Nóvoa Vázquez , gravadas na casa de Rafa Ullán, copiados en CD Inmagen, editados e distribuidos por Rochi Nóvoa.
 
Entendeuse este CD como parte imprescindible do libro, para poder chegar a entender o significado total.