|
Cinema
Este sábado 1 de abril ás 20:00 h no salón de actos do Museo Etnolóxico proxectarase coa colaboración do Concello de Vilaboa (Pontevedra) e a Sociedade Antropolóxica Galega o documental: "Madamas e galáns. Historia do entroido de Cobres" promovido pola Asociación Cultural de Cobres e o Concello de Vilaboa, dirixido e producido polos antropólogos Rafael Quintiá e Miguel Alonso, xunto co etnógrafo Xosé Anxo Rosales.
Na presentación participarán Carlos Acuña Rubianes, concelleiro de Cultura e Mocidade do Concello de Vilaboa, e Rafael Quintiá, director do documental e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.
Na presentación participarán Carlos Acuña Rubianes, concelleiro de Cultura e Mocidade do Concello de Vilaboa, e Rafael Quintiá, director do documental e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.
SINOPSE:
“Madamas e galáns. Historia do entroido de Cobres” é un documental no que se recolle e se dá a coñecer a riqueza do entroido tradicional de Cobres e dos diferentes entroidos enxebres que se celebran no concello de Vilaboa, descubrindo o significado desta festa ritual e dos seus elementos constituíntes, os elementos que se perderon co paso do tempo e o xeito no que hoxe se celebra; á vez que se fai un percorrido pola súa historia e polos aspectos e elementos culturais máis significativos, incluídos aqueles que xa están desaparecidos.
FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIÓN: Rafael Quintía e Xosé Anxo Rosales
REALIZACIÓN: Miguel Alonso
GRAVACIÓN: Miguel Alonso, João Bieites e Rafael Quintía
MONTAXE: Miguel Alonso
FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Un documental realizado por AB ORIGINE ANTROPOLOXÍA. Promovido e financiado pola Asociación Cultural Cobres-Vilaboa. Coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, Concello de Vilaboa e Sociedade Antropolóxica Galega.
TÍTULO ORIXINAL: “MADAMAS E GALÁNS. HISTORIA DO ENTROIDO DE COBRES”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico
ANO: 2016
DURACIÓN: 98'.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego
Se queredes coñecer un pouco máis do entroido de Cobres tedes información AQUÍ.