22 de Setembro do 2023
📢No vídeo de hoxe queremos achegarnos ao mundo do cine no Ribeiro a través dunha colección moi especial de programas de man que forma parte do legado Meruéndano depositado no museo.
📽️ No seu tempo, os programas de man foron unha ferramenta fundamental de publicidade para as salas de proxección pero, na actualidade, son pezas clave para achegarnos desde múltiples perspectivas, á historia e cultura de Ribadavia en concreto, e á historia do cine en xeral.
👉Queredes coñecer mellor esta colección? No vídeo contámosvos máis sobre ela!