Este corsé apareceu no ano 2002 abandonado á intemperie en Acebedo do Río (Celanova, Ourense). A súa orixe e propietarix seguen a ser un misterio, convidándonos a imaxinar a súa historia. A peza presenta modificacións posteriores á súa manufactura, o que nos leva a pensar que quizáis sufriu un axuste ao tamaño do corpo de quen o usaba ou ben reparacións polo uso e paso do tempo.
O que si sabemos é que, malia o paso dos anos, o corsé foi ben coidado e adaptado, o que reflicte un profundo aprecio polo seu valor.
Non perdas a oportunidade de ver esta peza única e descubrir a misteriosa historia que gardan os seus fíos.