Descubrindo a colección do Museo Etnolóxico. O tecido tradicional: a colcha.

Share
22 de Setembro do 2023
Descubrindo a colección do museo

👉Queredes coñecer mellor esta colección? No vídeo contámosvos máis sobre ela!

🏛️🔎 Continuamos coñecendo pouco a pouco diferentes pezas que forman parte da colección!

🧵 O téxtil ten un peso considerable na colección do Museo Etnolóxico. Proba disto é a colcha ou cobertor que vos queremos achegar hoxe a través deste vídeo. Este cobertor, regalo persoal do etnógrafo e historiador ourensán Xaquín Lorenzo “Xocas” á doante da peza, é unha mostra fantástica de teceduría artesá que permite achegarnos ao amplo campo do téxtil tradicional.