O mes de abril é o mes no que cada ano celebramos o Día Internacional do Libro, 23 abril. Para este 2015 o Museo Etnolóxico presenta unha serie de actividades cuxo fío de unión son os libros:
-17 de abril ás 20.30 h: presentación do libro 50 Cafés históricos de España y Portugal polo seu autor Fernando Franjo Franjo, editado por AlvarellosEditora. Ofrecerase un café as persoas asistentes .
-23 abril todo o día: liberación de libros, bookcrossing, pola comarca do Ribeiro, acción que se fará conxuntamente con moitas bibliotecas de museos de todo o estado, este é o terceiro ano no que participa a Biblioteca do Museo Etnolóxico. Vídeo promocional, editado pola Biblioteca do Museo ARTIUM de Vitoria, para a liberación de 2014 AQUÍ.
-23 de abril: 20:30 h: recital de poesía e música para presentar o libro-disco Muller de papel de Rochi Nóvoa, editado por Abooks.
Podedes ver un momento da presentación no Café Cultural Auriense de Ourense AQUÍ.
-29 de abril: 20:30 h: presentación do libro Errores del destino de Mari Carmen Rodríguez Barros, editado por Círculo Rojo.
Podedes ver o folleto coas actividades para este mes do libro picando no enlace: