Actividades

Concurso do Podcast sobre a Memoria Oral do Ribeiro

Do 30 de Setembro do 2026 ao 30 de Setembro do 2026 - 10:00h da mañá

Unha viaxe ao pasado en familia🏺🧶

Do 5 de Setembro do 2026 ao 5 de Setembro do 2026 - 11 de la mañana y 5 de la tarde

Esta tarde, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a presentación de Destilación, o poemario de Paula R. Bouzas, unha obra na que a palabra se converte nun lugar para a vida, o amor e a memoria.
Un encontro arredor da poesía e da sensibilidade dunha autora que nos convida a deternos, contemplar o esencial e deixarnos atravesar polos versos.

🗓️14 de agosto
🕢19:30 h
📍Museo Etnolóxico de Ribadavia
A presentación correrá a cargo de José Luis Chao Rey.

Agardámosvos!💜

Do 14 de Agosto do 2026 ao 14 de Agosto do 2026 - 7:30h de la tarde

A eclipse total de Sol de 2026 está cada vez máis preto!
O vindeiro 5 de agosto ás 20:00 h, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá a conferencia "A Eclipse Galega de Sol en Ribadavia", impartida polo físico Xosé Dositeo Veiga Alonso.
Ao longo da charla descubriremos a historia das eclipses de Sol, curiosidades e anécdotas, como observar este fenómeno con total seguridade e por que a eclipse do 12 de agosto de 2026 será un acontecemento histórico para Galicia.

Do 5 de Agosto do 2026 ao 5 de Agosto do 2026 - 8:00h de la tarde

As Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia, que acadan este ano a súa sexta edición, permiten gozar de catas musicais para todos os gustos, dende o jazz ata autores clásicos, dende a bossanova ata o blues ou dende o fado ao swing, sempre en directo.

Música ao solpor, na terraza do Museo, nun entorno de viñedo e arquitectura do viño, finalizando cunha copa de viño para rematar a súa sesión parolando distendidamente con quen nos acompaña ou con quen coincidamos nestas Catas Sonoras no Museo do Viño de Galicia.

 

Do 1 de Xullo do 2026 ao 29 de Agosto do 2026

O vindeiro 26 de xuño ás 7:30h tarde, o Museo do Viño de Galicia acollerá a presentación de O patrimonio do viño. Ruta polas adegas e camiños de Valdeorras, unha publicación de Josué Fernández Guerra que nos convida a descubrir a riqueza cultural, histórica e paisaxística dun dos territorios vitivinícolas máis singulares de Galicia.

Do 26 de Xuño do 2026 ao 26 de Xuño do 2026 - 7:30h de la tarde

Conferencia sobre a figura de Cándido Fernández Mazas

10 de Xuño do 2026 - 19:30 h

Presentación de Universo Cantigas e concerto de Luparias

5 de Xuño do 2026