Sala de reserva

Share

As coleccións do Museo Etnolóxico están formadas por numerosos obxectos de temática e materiais diferentes. Por cuestións de espazo, as exposicións do museo só poden mostrar ao redor dun 2% dos obxectos das coleccións. O resto de pezas consérvanse na sala de reserva.

As salas de reserva son habitualmente os espazos máis descoñecidos por parte do público, a pesar de ser un dos eixos principais do traballo do Museo. Neste caso localizada fóra do Museo, está dedicada á custodia e conservación das coleccións, nela teñen lugar tarefas de rexistro, inventario, fotografía, revisión periódica, estudo e conservación preventiva dos obxectos das coleccións. Tamén podemos atopar lugares de almacenamento específicos para cada tipoloxía de peza, espazos destinados ás corentenas dos bens entrantes, etc.