O departamento de Fotografía céntrase no inventario e catalogación das coleccións fotográficas, na súas dixitalización e posta a disposición da cidadanía a través de consulta en sala (entorno DOMUS); unha selección de imaxes accesible en liña a través da Red Digital de Colecciones de Museos de España. Periodicamente fanse exposicións temporais cos fondos que son complementados mediante catálogos impresos; tamén se participa en exposicións en liña, caso de Patrimonio en Femenino, cos seus correspondentes catálogos en rede; amais particípase en exposicións alleas mediante o préstamos de fondos. Cumprindo a normativa legal e previa autorización da Consellería de Cultura, poden obterse copias de imaxes por razóns de investigación ou docencia.
A obtención de imaxes de fondos do museo está dispoñible para fins académicos, de investigación, difusión e publicacións, baixo expresa autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, mediante un formulario que se facilita no propio Museo.