O catálogo de pezas do Museo Etnolóxico está incluído en CER.ES (Colecciones en Red) un catálogo colectivo en liña, que reúne información e imaxes de bens culturais de museos de todo o estado español, de todas as especialidades, ámbitos temáticos e xeográficos, permite realizar múltiples buscas segundo diferentes criterios.
Para ver todos os fondos do museo na web:
- Vaia á ligazón de CER.ES, pique aquí.
- No recadro Búsqueda general escriba: etnológico ribadavia
- Faga click no recadro Buscar.
Pode facer outras buscas máis precisas e así concretar a busca, por exemplo:
- Polo nome da peza (fotografía, prensa, martelo...)
- Polo nome do fotógrafo (foto Llanos, foto Chao, Guedes Pacheco...)
- Pola temática (festa, vista urbana, vista rural, muller, nenos...)
- Polo lugar de procedencia (Ourense, Ribadavia, Vigo, Gondomar...)