Cámara
Colección carpintería
Elaboración de manequí
Fotografía
Pizarrín
Placas de vidro
Plano do Castelo de Ribadavia
Soporte
Tecidos
Xoguetes
Impresora de contactos
O departamento de Conservación e Restauración focaliza a súa actividade nas coleccións do Museo e nas que están baixo a súa responsabilidade cando forman parte dunha exposición temporal ou dun depósito. Inclúense aquí as intervencións directas sobre as obras e as actuacións enfocadas á conservación preventiva, onde se avalían os riscos de deterioro e se establecen protocolos para garantir a súa conservación.
Hai que salientar os procedementos desenvolvidos sobre material fotográfico e patrimonio téxtil, unha das especialidades potencialmente mais complexas no ámbito da restauración.
Así mesmo, o departamento organiza de xeito continuado cursos sobre a identificación, a análise e as accións preservadores do patrimonio gráfico e fotográfico coa finalidade de formar especialistas na custodia deste tipo de bens e crear foros de intercambio entre profesionais responsables da súa custodia.