Bookcrossing

Share

21 de Abril do 2023
|
Biblioteca
Bookcrossing

Celebramos o próximo Día Internacional do Libro cunha acción de liberación de libros tamén coñecida como Bookcrossing! ??

A Biblioteca do Museo Etnolóxico participa xunto con case medio cento de bibliotecas de museos e centros de arte nesta liberación de libros este 21 de abril grazas á iniciativa do Atrium Museoa.

Que é a liberación de libros? É unha iniciativa que permite ás persoas amantes dos libros compartir os seus exemplares con outros lectores de maneira gratuíta, fomentando a lectura colaborativa e a creación de comunidade. Os libros liberados levan unha etiqueta que fai referencia á participación no movemento Bookcrossing e anima a rexistralos en www.bookcrossing.com e liberalos novamente unha vez utilizados, promovendo a sustentabilidade e a reutilización de libros.

Poderás atopar libros de diferentes xéneros, deixados deliberadamente non só na zona do Ribeiro, senón por máis vilas e cidades de Galicia… Un tesouro literario esperando a ser atopado!

Unha oportunidade única para descubrir novas lecturas, explorar diferentes xéneros e ampliar os teus horizontes literarios. ??

Esperámoste nas rúas para celebrar o Día Internacional do Libro con esta experiencia de Bookcrossing! ??