O Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá o venres 29 de novembro ás 12:00 h o encontro cultural “Castelao e a perspectiva de xénero”, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
O acto pretende abrir un espazo de análise e diálogo sobre a visión de Castelao respecto da muller, poñendo en valor a súa mirada humanista e igualitaria e establecendo pontes entre o seu pensamento e os debates feministas contemporáneos.
Participarán Marta Dacosta, escritora e docente, e Isabel Risco, actriz e creadora escénica, nun formato café-coloquio aberto a toda a cidadanía.
📍 Museo Etnolóxico de Ribadavia
📅 Venres, 29 de novembro
🕛 12:00 h
💬 Actividade aberta a todas as persoas interesadas.

