Ana Tarrío, catedrática de Matemática Aplicada da UDC falará sobre a vida da recoñecida alxebrista
14 de Marzo do 2024
-
7 da tarde
|
Museo Etnolóxico
|
Conferencias
Con motivo do Día Internacional da Muller, o xoves 14 de marzo ás 7 da tarde, volven as “Charlas no Etnolóxico”.
Ana Tarrío, catedrática de Matemática Aplicada da UDC e autora do libro “María Wonenburguer. La atrevida matemática a la que nuestro país dio dos veces la espalda”, falará no museo da extraordinaria vida e obra da recoñecida alxebrista.
📅xoves 14 de marzo
🕐7 da tarde
🏠Museo Etnolóxico. Ribadavia
Entrada de balde ata completar capacidade