Concerto de Crúas no Museo

Share

Día das Letras Galegas 2026

15 de Maio do 2026
|
Museo Etnolóxico (Ribadavia)

Con motivo do Día das Letras Galegas, o 15 de maio ás 7:30 da tarde terá lugar a actuación de Crúas no Museo Etnolóxico (Ribadavia).

Crúas é un proxecto musical nado en Galicia que lle dá nova vida á poesía galega, poñendo voz e música a versos de autoras e autores como Rosalía de Castro ou Luz Pozo Garza. A través de ritmos actuais e tradicionais, Alba Ermida e Iria San Marcial achegan a poesía ao público de todas as idades, creando un espectáculo emotivo e cheo de sensibilidade no que a palabra e a música se funden para celebrar a nosa lingua e cultura.

A entrada é libre ata completar capacidade, non volo perdades!