Concerto de "La Musgaña"

Share

|
Música
Música
Domingo 7 de abril ás 13.00 h

Museo Etnolóxico

concerto do grupo de música folk:

 La Musgaña

 
 

Coa colaboración da Asociación de Amigos do Museo e do Conxunto Histórico de Ribadavia (AMECHIR) o domingo 7 de abril ás 13.00 h no salón de actos do Museo Etnolóxico en Ribadavia poderemos desfrutar da música tradicional do grupo La Musgaña formado por Carlos Beceiro, Jaime Muñoz y Luis Antonio Pedraza.

 
Tras 30 anos de carreira musical, La Musgaña preséntanos un novo directo que tenta resumir parte do legado musical que foi elaborando disco a disco, concerto tras concerto, revisando vellas cancións que xa son imprescindibles no repertorio do folk ibérico. 
 
Un amplo percorrido pola música instrumental e cancións da Meseta, profundando na esencia da súa riquísima tradición e desenvolvendo, mediante composicións propias inéditas, as posibilidades estéticas desta herdanza cultural infestada de mestizaxe. 
 
A Musgaña achegou a unha boa parte da Península así como a Estados Unidos, Inglaterra, Italia, Marrocos, Francia, Alemaña, Rusia e outros moitos países, a tradición musical de Castela e León, grazas a unha interpretación moderna e complexa, pero co respecto e fidelidade á tradición e cultura herdadas dos nosos antepasados.