O 15 de maio de 2011 desenvólvense en Madrid e noutras cidades españolas unha serie de actos: acampadas, manifestacións, asembleas... que tiveron repercusión política e social a través da prensa e as redes sociais. Unha protesta para a cal as elites sociais e políticas non tiñan resposta.
Mesmo os equilibrios mantidos dende a Transición do 78 parecían en perigo; apuntando a o fin do «bipartidismo imperfecto». «O chaman democracia e non o é», «somos o 99 %». «non nos representan», son algúns dos eslóganes de entón, que perecían anunciar un discurso novo no que a poboación acadaría o protagonismo político á marxe das estruturas tradicionais.
Unha serie de agrupacións políticas tentaron encauzar este movemento; pero, como o movemento mesmo, a heteroxeneidade prima sobre a transversalidade.
O que para algúns parecía o inicio dunha revolución, dez anos despois parece ter sido metamorfoseado nunha máis das estruturas ás que, supostamente, aspiraba a superar.
Dez anos proporcionan una perspectiva suficiente para debater sobre que é/era o 15-M e que presencia ten hoxe.
O conferenciante é historiador, profesor de Ciencias Sociais de Ensino Secundario. Entre outras obras, coordinou o libro 15-M: o pobo indignado. Unha mirada calidoscópica dende Galiza. Laiovento. 2011, participou na obra colectiva A praza é nosa: quen constrúe a democracia, coordinada por Marcos Pérez Pena, 2.0 Editorial. 2011, co traballo "A democracia en crise" incluído no libro A praza é nosa, no ano 2014 recibiu o Premio Maruxa Mallo.
A conversa terá lugar o venres 14 de maio no Museo Etnolóxico as 20.00h. Entrada libre ata completar capacidade. Observaranse as medidas de prevención establecidas na lexislación vixente ante a crise sanitaria ocasionada pola Covid-19.