Visitas

 

Información básica

Horarios

Visitas ás exposicións:

Martes a sábado de 10 da mañá ás 8 da tarde
Luns, domingos e festivospechado

 

Biblioteca e consulta de coleccións:

Luns a venres de 9 da mañá ás 3 da tarde
A Biblioteca tamén abre martes e xoves ata ás 6 da tarde
Sábados, domingos e festivos: pechado

 

Visitas Guiadas

Visitas de grupo baixo demanda
Solicitude previa
Tel: 988 788 727 / 988 788 729
Fax: 988 788 734
mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal

 

Normas de acceso

Está permitido tomar imaxes para uso particular sen flash, sen trípode ou pau para selfies. Para usos profesionais deberá contar coa oportuna autorización.

Pódese acceder ao museo con carros e cadeiras de bebés.

Non está permitida a entrada de mascotas ao museo. Si se permite a entrada de cans-guía.

Non se permite consumir alimentos nin bebidas nos espazos interiores. O museo dispón de espazo de descanso no exterior.

Non está permitido o acceso ás salas con vultos grandes ( máx. 35x35 cm), paraugas ou obxectos punzantes.

Non toque os obxectos do museo, respecte o mobiliario e evite apoiarse nas vitrinas e varandas.

Se vén con rapaces procure que estean xunto a vostede e explíquelles a importancia de non tocar os obxectos. Non deixe que corran polas salas.

Segundo a normativa vixente, non está permitido fumar no interior do museo.

 

Accesibilidade

As instalacións do museo son parcialmente accesibles para persoas con mobilidade reducida que vaian acompañadas.

Admítense cans guía.

Outros servizos

Folletos en varios idiomas

Cesión de espazos para eventos