|
Conferencias,
Presentacións libros
Neste marzo de 2020 conversamos sobre feminismo en homenaxe ás socias e socios da Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia que en 1972 celebraban un ciclo sobre “A muller na sociedade actual”, nun momento histórico no que o tema da muller non era habitual na programación das asociacións culturais galegas e o movemento feminista galego estaba aínda xestándose. Será en 1977 cando María Xosé Queizán publiqueoprimeiro ensaio feminista en Galicia “A muller en Galicia: a muller na sociedade galega: a lingua galega e a muller : (análise estrutural de dous métodos represivos)” editado por Edicións do Castro.
Nunha mostra documental exporemos a documentación conservada pola Agrupación ribadaviense en relación a este ciclo sobre a muller, no que participou entre outros e outras investigadoras María Xosé Queizán falando sobre a familia, tema fundamental na loita feminista.
Documentación conservada no Fondo Abrente 1972 |
Actualizamos os estudos, as investigacións e as loitas feministas, resaltando o seu percorrido histórico a través dos relatorios de María Xosé Queizán e Encarna Otero e a presentación do libro coordinado por Iria Vázquez en tres sesións ao longo do mes de marzo.
Venres 6 Marzo
20.15 h Inauguración da Mostra documental sobre o ciclo “A muller na sociedade actual”organizado pola Agrupación Cultural Abrente en 1972 en Ribadavia.
20.30 h relatorio de María Xosé Queizán "Feminismo: historia e actualidade”.
Xoves 12 Marzo
20.30 h relatorio de Encarna Otero “Concepción Arenal e Juana de Vega: camiños de sororidade”.
Xoves 26 Marzo
20.30 h presentación do libro “Cómplices. A violencia machista institucional”coa presenza das autorasIria Vázquez Silva e Lola Ferreiro.