Visitas comentadas
15 de Decembro do 2022
“A volta polo museo” incluirá a visita ás exposicións, pero tamén aos compactos nos que se conservan pezas e documentación. Unha oportunidade para amosar a variedade de patrimonio moble que conforma a colección do Museo Etnolóxico e para xerar conversas que nos permiten continuar unindo memorias.
Tedes varias datas dispoñibles.
21 de decembro ás 18:00h
28 de decembro ás 18:00h
4 de xaneiro ás 18:00h