Día do Libro 2020 desde o confinamento

Share

|
Biblioteca,
Confinamento
Concurso
Todos os anos o 23 de Abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro, cada ano as actividades de bibliotecas, librerías, editoriais son variadas e diversas: conferencias, sinaturas de libros, feiras de libros... este ano toca reinventarse. 
 
Desde a Biblioteca do Museo Etnolóxico e en relación ao concurso organizado na internet polo Museo Etnolóxico propomos:
 
Edición dun libro en liña colaborativo, participativo e comunitario coas achegas de toda a xente que participou no evento de facebook : Concurso: o mes de Abril na tradición  con refráns, cantigas, ditos, cancións, contos, regueifas, debuxos, vídeos no que o protagonista foi o mes de abril (o mes de abril e a natureza, e o tempo, e os animais, e o campo, e o mar...). 
Para descargar AQUÍ.

 

Libro dixital AQUÍ

 

Liberación en liña para descargar ou consultar, na plataforma google drive e en issuu dos libros:
* catálogo da exposición “Colección Abrente. Arte Galega no desafío cultural do 70’”. O acceso na sección Biblioteca Dixital deste blog. Esta é a última exposición que se inaugurou no Museo, o catálogo presentouse o 21 de febreiro e a declaración de Estado de Alarma coincidiu co inicio da distribución, por iso queremos facilitar que todo mundo poida acceder ao seu contido, e debido tamén a que non se pode visitar a exposición.
Para descargar AQUÍ.
 
 
Libro dixital AQUÍ
 
 
*Museo aberto = museo abierto = open museum: saltando valados = saltando muros = jumping hurdle. Edición trilingüe galego, castelán e inglés do proxecto do mesmo nome Museo AbertoA descarga e consulta en liña na sección Biblioteca Dixital deste blog AQUÍ.
 
 
 
Organizado desde a Biblioteca-Centro de Documentación do Artium de Vitoria, as Bibliotecas de Museos de España levan varios anos, celebrando este día, coa liberación conxunta de libros, coñecido como Bookcrossing, podedes ver AQUÍ os vídeos de difusión da actividade. Este ano houbo que reinventarse a todos os niveis. Como non podemos liberar libros físicamente farémolo pois de forma virtual.
 
Exposición bibliográfica en liña de revistas, recursos e libros sobre cultura popular galega.
Recompilanse todas as revistas posibles de asociacións, museos, colectivos que estén en liña nun taboleiro do pinterest do Museo Etnolóxico onde se pode ver unha foto coa portada da revista e na descrición da foto un comentario explicativo do contido da revista e o enlace aos números dixitais da revista.
Taboleiro de pinterest AQUÍ
 
 
Taboleiro de pinterest