Día Internacional dos Museos 2026

Share

Programación especial para todos os públicos

Do
16 de Maio do 2026
ao
18 de Maio do 2026

🏦O Museo Etnolóxico súmase ao Día Internacional dos Museos 2026 cunha programación especial para todos os públicos.

🎨 VISITA TEMÁTICA "As dúas metades dun mesmo mundo"
Visita guiada de 1h ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, con tres exposicións:
Pesca : o río divide pero une.
Cerámica : cada peza rota espera ser reencontrada.
Liño: o fío conecta dúas partes.

Ao final, participan nunha instalación con pezas de cerámica partidas. Escollendo unha metade, buscan a súa parella, encáixándoas e escribindo algo que desexen unir no mundo.
Transformaremos pezas rotas nun mosaico de desexos. Porque, aínda que o mundo pareza dividido, sempre podemos buscar a outra metade.

📸 OBRADOIRO CREATIVO "Cianotipia, as primeiras fotografías"
As nenas e nenos aprenderán a crear imaxes empregando produtos fotosensibles e a luz do sol, do mesmo xeito que facían os primeiros fotógrafos e científicas do século XIX. A actividade combina ciencia, arte e patrimonio, permitindo explorar os saberes que garda o museo a través da experimentación e da creatividade.

📆 16 e 18 de maio
📍Museo Etnolóxico (Ribadavia)
👥 Actividades con prazas limitadas e inscrición previa

📲Consulta os horarios no cartel e reserva a túa praza a través do QR