Do viño de Galicia 2018: ciclo divulgativo sobre a cultura do viño

Share

|
Conferencias
Cartel
Na segunda quincena do mes de outubro iniciamos no Museo Etnolóxico un ciclo divulgativo sobre a cultura do viño en Galicia, con tres relatorios de especialistas en temas de viticultura e vinicultura na Idade Media e na Idade Moderna e unha visita guiada e comentada para coñecer as granxas medievais (adegas) que aínda se conservan no Ribeiro.
Na ficha nº 4 de Pretextos e Textos, publicada pola Asociación de Amigos do Museo, tedes información sobre as granxas medievais, José Luis Sobrado analiza como as granxas e adegas monásticas son testemuñas da explotación do viñedo no Ribeiro por parte do estamento eclesiástico, pica AQUÍ

17 outubro | mércores 20:30 h
O Ribeiro do Avia: un mundo cheo no outono da Idade Moderna.  Juan Manuel Rodríguez

24 outubro | mércores 20:30 h      ATENCIÓN OS CAMBIOS NESTA DATA

O viño nos mosteiros de Melón e San Clodio a finais do Antigo Réxime. Isolina Rionegro 
Por indisposición de Isolina Rionegro, a súa intervención do mércores 24 de outubro pasa para a semana próxima en data e hora que se comunicará.
Por isto, o mércores 24 de outubroás 20:30 h teremos a intervención de Francisco Javier Pérez Rodríguez sobre Viño e mosteiros no Ribeiro de Avia medieval.
25 outubro | xoves 20:30 h

O legado do viño: adegas e granxas do Medievo e Idade Moderna. José Luis Sobrado

27 outubro | sábado 14:00 h
Visitas comentadas:
Mosteiro de Melón
Adegas de época medieval: Gomariz e Partovia

A saída da visita do día 27 de outubro será fronte a Casa de Cultura de Ribadavia.
A viaxe en autobús con saída e chegada a Ribadavia.
A viaxe e as visitas son de balde, os gastos persoais non están incluídos.

Inscricións para as visitas do sábado 27 no Museo Etnolóxico ben por teléfono: 988 788 720 ou ben por correo electrónico: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal.

FOLLETO DO CICLO: