A Eclipse Galega

Share

Do
5 de Agosto do 2026
ao
5 de Agosto do 2026
-
8:00h de la tarde
|
Museo Etnolóxico
|
Conferencias
A Eclipse Galega

A eclipse total de Sol de 2026 está cada vez máis preto!
O vindeiro 5 de agosto ás 20:00 h, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá a conferencia "A Eclipse Galega de Sol en Ribadavia", impartida polo físico Xosé Dositeo Veiga Alonso.
Ao longo da charla descubriremos a historia das eclipses de Sol, curiosidades e anécdotas, como observar este fenómeno con total seguridade e por que a eclipse do 12 de agosto de 2026 será un acontecemento histórico para Galicia.
Xosé Dositeo Veiga Alonso é licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, autor do libro Eclipses de Sol: manual didáctico e coautor, xunto con Jorge Mira, do informe do Consello da Cultura Galega Esperando a eclipse total de Sol. Recomendacións para as administracións públicas e a cidadanía.

🎟️ Entrada de balde ata completar capacidade.
📍 Museo Etnolóxico de Ribadavia
📅 5 de agosto
🕗 20:00 h

Agardámosvos!