
entre nós e o mundo

entre nós e o mundo

entre nós e o mundo

entre nós e o mundo




Entre nós e o mundo: aprendernos na estrañeza
O pasado 18 de setembro, no marco da exposición Territorios en tránsito: afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico, tivo lugar unha actividade que puxo no centro a reflexión sobre a mobilidade humana a través dun espazo de encontro interxeracional.
A proposta contou coa participación da Fundación Hospital Asilo Nosa Señora dos Anxos, persoas voluntarias da OMIX e público xeral, que se achegaron ao museo para vivir unha mañá de descubrimento, diálogo e emoción.
Tras a visita á exposición, abriuse un espazo de conversa, que se converteu nun tempo de intimidade e aprendizaxe compartida. Historias persoais de migración e turismo mesturáronse con risas, emocións e reflexións críticas sobre os prexuízos e estereotipos cos que ás veces se observa ao outro; á vez que as voces da xente que procedían doutros lugares, axudábanos a facer un exercicio de introspección e análise da nosa cultura.
A actividade puxo de manifesto a importancia da conversa sobre o presente, pero tamén sobre o pasado, para construír un futuro onde prime a empatía e a convivencia.