Explorando Rutas e Encontros · Pasaporte a China

Share

Do
11 de Novembro do 2025
ao
20 de Decembro do 2025
|
Museo Etnolóxico

Explorando Rutas e Encontros · Pasaporte a China ✨🌏
O Museo Etnolóxico recibiu ao grupo de exploración que está a realizar a actividade “Explorando rutas e encontros. Pasaporte a China”, unha proposta vinculada á exposición Made in China. Nesta sesión, as persoas participantes viaxaron simbólicamente a través das conexións entre China e Galicia.

Co seu caderno de viaxe na man 🧭📓, o grupo percorreu a exposición tomando notas, observando detalles e reflexionando sobre as rutas culturais, históricas e emocionais que unen ambos territorios. Un espazo para a curiosidade, o diálogo e a aprendizaxe compartida.

A actividade foi deseñada e desenvolvida por Aida Lojo @lojoaida, quen guiou este encontro a través das imaxes, os obxectos e os relatos que forman parte da mostra.

📸💬 Entre preguntas, descubrimentos e conversas, xurdiu unha experiencia viva que nos convida a comprender mellor o mundo e as conexións que nos enlazan.

A exposición Made in China continúa aberta ao público 👉 animámoste a visitala e seguir explorando estas rutas entre o local e o global.