|
Biblioteca
No día 24 de outubro de 1992 durante o conflito dos Balcáns, a Biblioteca de Saraievo, coñecida como Vijecnica, foi incendiada por un profesor usuario da Biblioteca, desde 1997 celébrase o Día da Biblioteca para resaltar a importancia das bibliotecas como centros de encontro, conservación e difusión da diversidade cultural.
Para celebrar esta data neste 2019 desde unha Biblioteca Especializada como é a Biblioteca do Museo Etnolóxico, queremos mostrar a todo o público o interesante patrimonio conservado nestas bibliotecas tan pouco coñecidas: difundiremos como reflectimos na nosa tradición oral e escrita a relación co medo e coa morte (lendas, contos, ditos, feitos ...), esculcaremos no particular fondo documental e bibliográfico da Biblioteca documentos singulares conservados case por casualidade e descubriremos distintas Bibliotecas Especializadas de Galicia e España a través das intervencións de profesionais que alí traballan.
Ademais das actividades para os clubes de lectura de bibliotecas escolares, destacamos as actividades para todos os públicos:
xoves 24 de outubro 20.00 h e o sábado 26 de outubro 12.00 h
-Visita guiada á Biblioteca do Museo: “Descubrindo documentos singulares”desde almanaques, a álbumsde cromos, mini contos, comedias soltas do S. XVIII, catálogos de tendas, revistas de moda do S. XIX, folletos... que información nos achegan?
Se tedes interese nesta actividade e así coñecer os tesouros conservados na Biblioteca do Museo Etnolóxico, pregamos que chamedes o 988788720 ou enviedes un correo electrónico mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal, para inscribirse pois as visitas son de grupos reducidos,
venres 25 de outubro 18.00 h
-En lembranza da nosa compañeira e coautora Araceli Corbo, presentación do libro: “Xornada sobre bibliotecas especializadas (actas 2010, 2013 e 2016)”.
No libro recóllenseas experiencias de profesionais debibliotecas especializadas de toda España, co obxectivo de visibilizar os fondos documentais e bibliográficos conservados neste tipo de bibliotecas.
Máis información no blog da Biblioteca do Museo AQUÍ