FOTOGRAFÍA PARTICIPATIVA CONTRA O ESQUECEMENTO!

Share

Obradoiro de fotografía

28 de Setembro do 2024
-
10:30 da mañá
|
Museo etnolóxico
|
Fotografía


 

Datas:

  • 28 de setembro
  • 19 de outubro
  • 9 e 30 de novembro
  • 14 de decembro

Sábados de mañás (de 10:30 á 13:30h)

Actividade de balde 


 

FOTOGRAFÍA PARTICIPATIVA CONTRA O ESQUECEMENTO!

Esta proposta consiste nunha serie de 5 obradoiros presenciais no Museo Etnolóxico ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro, nos que xunto a fotógrafa e facilitadora @SaraGarchi, aprenderás as bases técnicas e teóricas da fotografía e vídeo documental 

 A imaxe será a ferramenta principal, pero non a única, a través de xogos e dinámicas, percorreremos conxuntamente a memoria colectiva do Ribeiro nun espazo o máis interxeracional e diverso posible onde levarnos reflexións nutritivas. Ademáis, por suposto, de divertirnos e descubrir información fascinante sobre o pasado da nosa comarca!

Estamos a perder moito coñecemento co abandono do rural e a marcha das persoas maiores. Moitas das historias das nosas avoas e avós estasen a esquecer e con elas tamén, a sabedoría ancestral: saberes, remedios, oficios, lendas e contos... case arrasados polo “progreso” e o rápido paso do tempo. O momento de protexer e poñer en valor a memoria colectiva do Ribeiro é agora!

Información completa e inscricións: bit.ly/fotoparticipativaribeiro
 

Non se precisan coñecementos previos nin equipo profesional

Organiza o Museo Etnolóxico xunto a Sara Garchi