Gravación do Podcast: "Mal me queres. Recuperando o arquivos sonoros de Ribadavia".

Share

15 de Outubro do 2024
-
6 da tarde
|
Museo etnolóxico
|
Música

 

📍Museo Etnolóxico de Ribadavia
📆 martes 15 de outubro
🕒 6 da tarde
👌Entrada de balde

O vindeiro martes 15 ás 6 da tarde vémonos no Museo Etnolóxico para falar de arquivos sonoros e a historia da gravación.

Achégate a escoitar e a participar da gravación en directo do podcast "mal me queres. Recuperando o arquivos sonoros de Ribadavia".

Coas intervencións de Xabier Oliveira, Xabier Gómez Suárez e David Cabral (Natural-Zero) e moderado por Julio Gómez de Festival Sinsal.

 

Xabier Oliveira: Mestre de bombardino, tuba e trombón en numerosas Escolas de Música, actualmente é director titular da Banda de Música A Lira de Ribadavia e da Banda de Música Cultural de Mondariz. O seu traballo coma compositor/arranxista pasa pola recuperación do patrimonio histórico do folclore galego, destacando a adaptación á organoloxía moderna de diversas obras dos compositores Luis Brage ou Ricardo Coutier.

Xabier Gómez Suárez: Vinculado máis de 22 anos á radiodifusión en Radio Ourense - SER en Ourense e, principalmente, delegación do Ribeiro; traballou tamén para outros medios de comunicación, en producións documentais e como DJ en varias discotecas.

David Cabral (Natural-Zero): Músico, deseñador de son e produtor musical. Dirixiu o proxecto Barullo, que fomentou o reencontro interxeracional de grupos musicais do Ribeiro no intento de recoller e defender a memoria musical contemporánea da comarca. Actualmente crea podcasts para RadioOmix.