Inauguración da exposición “Territorios en tránsito: Afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico”

Share

29 de Maio do 2025
-
20:00h
|
Fotografía,
Noticias

Este xoves 29 de maio ás 20:00h terá lugar no Museo Etnolóxico a inauguración da nova exposición “Territorios en tránsito: Afluencias e influencias. Jesús Madriñán e a colección do Museo Etnolóxico”.
Esta exposición xorde do encontro entre dúas perspectivas visuais que exploran os movementos da poboación e as transformacións que estes producen nun territorio. A mostra presenta o traballo máis recente do artista galego Jesús Madriñán, a serie Lanzarote, en diálogo cunha selección de imaxes do Museo Etnolóxico, establecendo unha reflexión sobre as dinámicas de mobilidade que marcaron e seguen a marcar a sociedade.