Proxección fílmica
Aínda que onte remataron as marxes fílmicas no museo. O mércores 5 de xullo seguimos co cine no museo.
Esta vez coa obra kurda, Kobane, e contaremos coa presenza de Olmo Couto, director de fotografía da película.
Mércores 5- 22:00h- KOBANE
Dir. Ozlem Arzêba. Produtora: Comuna de Cinema de Rojava
Zehra é unha comandante kurda que lidera as forzas de mulleres que se enfrontan ao estado islámico que en 2014 controla a metade de Siria e Iraq. O estado islámico Avanzan implacablemente cara á cidade kurda de Kobane. A pesar de todo, Zehra e os seus camaradas non se dan por vencidos ela lidera a ruptura do asedio, marcando o amencer da liberación da cidade.
Unha historia de fe e medo, guerra e resistencia, camaradería e traizón; unha historia de amor, perda, heroísmo e sacrificio xunto coa intensidade da guerra e a revolución.
Trátase da ópera prima da directora de orixe kurda Ozlem Arzêba, a película é unha produción independente da Comuna de Cinema de Rojava, un colectivo de cineastas kurdos que se organizaron para contar as súas propias historias. Rodada Integramente en Kobane, o Norte de Siria, a poucos metros das bombas e protagonizada pola mesma xente que sobreviviu ao asedio da cidade.