cantareiras
cantareiras
cantareiras
cantareiras
✨ Letras Galegas 2025 · Poesía Popular Oral · As Cantareiras ✨
O vindeiro sábado, 22 de novembro ás 17:00 h, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle unha xornada moi especial dedicada á tradición oral galega e ás nosas cantareiras.
🎤 Intervirán:
• Concha Losada, vicepresidenta do padroado do Museo do Pobo Galego.
• Xulio Fernández Senra, director do grupo Castro Floxo e coautor do Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense.
• Pandereteiras–Informantes dos concellos de Avión e Beariz.
• Grupo Castro Floxo – Escola Provincial de Danza, con actuacións de pandereteiras e grupo de baile, interpretando pezas tradicionais recollidas en Avión e Beariz.
🎁 Agasallaremos cun doce ás persoas asistentes.
Un encontro para celebrar a memoria, a música e a palabra das nosas xentes. Non faltes!
