23 de Outubro do 2023
-
8 da tarde
|
Museo Etnolóxico
|
Conferencias
En relación coa exposición itinerante que se atopa estes días polas rúas de Ribadavia "Somos Afro!", Luis Pérez Armiño, conservador do Museo Nacional de Antropoloxía (Museo Nacional de Antropologia (Madrid) ), ofrecerá unha charla no Museo Etnolóxico.
Partindo de varias experiencias do Museo de Antropoloxía, reflexionarase sobre o traballo na representación de África, das múltiples realidades e circunstancias que se dan no continente, o descoñecemento xeneralizado sobre o mesmo; e compartirá diferentes liñas de traballo abertas no museo coas comunidades africanas e afroespañolas.