Hero
A patrulla da montaña
A breve historia dunha familia
Unha película inacabada
En novembro, as Marxes Fílmicas levan China ao Museo Etnolóxico de Ribadavia.
Nesta décimo cuarta edición miramos a China, que neste século está a ser a centuria do xigante asiático, compatibilizando unha importancia crecente no panorama internacional coa presenza de comunidades chinesas cunha grande actividade económica en todos os países, e poñeremos en valor parte das contribucións da cultura chinesa ao cine actual.
As Marxes fílmicas 2025 celebran a coincidencia coa exposición actual “Made in China”, que pode visitarse no Museo Etnolóxico. Polo tanto, animamos a vir con antelación, para así aproveitar a ocasión de explorar as contribucións que a cultura chinesa fixo a Galicia.

