MARXES FÍLMICAS #15 | Nova onda checa

Share

Do
23 de Outubro do 2026
ao
24 de Outubro do 2026
-
7:00h da tarde
Marxes Filmicas

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle unha nova edición de Marxes Fílmicas, un ciclo de cinema dedicado a descubrir outras olladas e cinematografías.

📽️ 23 DE OUTUBRO | 19:00 h
🐈 Az prijde kocour / Un día, un gato (1963), de Vojtěch Jasný.
Unha fábula checoslovaca na que un gato máxico revela as emocións e os segredos das persoas a través das cores.

📽️ 24 DE OUTUBRO | 19:00 h
🔎 Dáblova past / A trampa do demo (1962), de František Vláčil.
Un sacerdote investiga os supostos vínculos dun muiñeiro co demo, nunha historia na que se mesturan crenzas, poder e sospeitas.

📍 Museo Etnolóxico de Ribadavia
🕖 Ás 19:00 h
🎟️ Entrada de balde

Unha oportunidade para achegarse ao cinema checoslovaco e descubrir dúas películas singulares da nova onda checa.